Pasos de peóns con mensaxes para sensibilizar contra a violencia machista

A campaña busca, ademais, "concienciar na defensa dos dereitos da muller en xeral".


|

Violenciamachistaferro


O Concello de Ferrol instalará en ata 57 pasos de peóns do municipio 19 frases seleccionadas polo Consello Sectorial da Muller contra a violencia machista. A cidade naval cumpre desta forma cunha moción aprobada no seu pleno, por unanimidade, e súmase a unha iniciativa xa presente noutras cidades da Comunidade e do Estado.


A concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz, asegurou que esta proposta "feminizará os pasos de peóns con frases da campaña 'Ferrol en Negro contra a violencia machista'" e dixo que entre os obxectivos perseguidos está "o concienciar á sociedade para loitar contra os malos tratos á muller", ao mesmo tempo que agradeceu "a implicación da Concellería de Obras para poder materializar esta proposta".


Precisamente, o edil responsable deste departamento, Luís Victoria (FeC), incidiu en que "esta campaña o que busca é concienciar na defensa dos dereitos da muller en xeral, xa non só no ámbito da violencia". Victoria tamén incidiu en que as frases "serán pintadas na zona na que os pasos de peóns non teñen a liña branca, para darlle unha maior visibilidade, e colocaranse nos emprazamentos nos que exista unha gran afluencia de xente, para facelas máis visibles".


O concelleiro de Obras trasladou que este iniciativa "se vai poñer en marcha en paralelo á campaña de reposición de sinalización viaria e de colocación de sinais verticais" e estimou que "as frases sobre o asfalto durarán polo menos dous anos".


relacionada A Deputación da Coruña adhírese á campaña 'En negro' contra a violencia machista
relacionada Centos de persoas condenan en varias localidades o crime machista da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE