Marcha contra a conversión do Hospital do Salnés nun "gran ambulatorio"

|

HospitalsalnesprotestaPresentación da convocatoria.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, entidade que agrupa partidos políticos, sindicatos e colectivos de traballadores sanitarios, convocou unha manifestación este venres en Vilagarcía de Arousa en contra da supresión da área sanitaria da comarca.


Diso informou a plataforma nunha rolda de prensa á que acudiron, entre outros, os alcaldes de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, o deputado provincial Carlos López Font e o parlamentario socialista Julio Torrado.


Na comparecencia ante os medios, os representantes da Plataforma sinalaron que a convocatoria desta mobilización é unha resposta á reforma da Lei de Saúde que prepara o Goberno da Xunta de Galicia.


O colectivo considera que, con esta norma, o Executivo autonómico "desmantela as áreas sanitarias e baleira de contidos os hospitais comarcais co obxectivo de concentrar os servizos sanitarios nos grandes centros hospitalarios".


Así, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, realizou un chamamento á cidadanía da comarca para que acuda á manifestación porque, segundo indicou, "o único modo de parar os plans da Xunta de Galicia de converter o Hospital do Salnés nun gran ambulatorio é que se atopen de fronte con toda a sociedade civil".


relacionada José Blanco denuncia "mala utilización" de fondos da UE coa reforma sanitaria
relacionada Esixen a apertura "inmediata" da planta do Hospital do Salnés pechada no verán
relacionada A reordenación sanitaria da Xunta segue sumando detractores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress