A Pepe Mel non lle basta só a vitoria para seguir no banco do Dépor
A directiva analizou a posibilidade de cambiar o adestrador incluso antes do partido contra o Xetafe da fin de semana.
Pepe Mel, nun adestramento. Foto: RC Deportivo
Os malos resultados e a mala imaxe do Dépor pesan sobre a directiva do club, que esixe, como mínimo, conseguir a permanencia en Primeira sen sufrir.
Ante este escenario, Pepe Mel xógase o seu posto no banco outra vez este sábado ante o Xetafe. E todo apunta a que non lle vale só unha vitoria, senón que ten que conseguir que o equipo dea mostras dun cambio de rumbo.
O consello de administración analizou mesmo a posiblilidad de cambiar de adestrador antes da fin de semana. Pero, ao parecer, a decisión de Tino Fernández é esperar á reacción tras este ultimato.
Unha derrota vese como letal para o cargo de Pepe Mel, máis cando tras esta xornada volve haber un parón de seleccións, que permite dúas semanas de marxe para a substitución.
As especulacións falan de que Cristóbal Parralo, do filial, asumiría o primeiro equipo, aínda que tamén soan nomes como Martín Lasarte e Frank de Boer para dirixir aos xogadores.
Escribe o teu comentario