De la Serna inaugura as obras do acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol

O ministro de Fomento compromete unha investimento de máis de 250 millóns nos portos galegos ata o ano 2021.


|

TrenpuertoferrolinauguracionNumerosa comitiva para a inauguración.

O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, asegurou que "o programa de Accesibilidade Marítima Terrestre" que o seu departamento ten previsto desenvolver entre este ano 2017 e 2021, cun investimento global de 1.418 millóns de euros, supoñerá, no caso concreto de Galicia, "un investimento de máis 250 millóns de euros, nos distintos portos e en diferentes actuacións".


Así o dixo, en Ferrol, durante a súa asistencia ao comezo das obras de construción do acceso ferroviario ao porto exterior desta cidade, un acto no que estivo acompañado de Núñez Feijóo, e do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (APFSC), José Manuel Vilariño, entre outros moitos.


De la Serna asegurou que este programa foi formulado "porque os portos teñen capacidade suficiente, pero teñen un problema de conectividade coa rede de transporte, tratando de buscar a potenciación do tráfico ferroviario, por ser este un tráfico sustentable e ter unha enorme capacidade de desenvolvemento".


No caso concreto das obras que se iniciaron en Ferrol, trátase dunha actuación que foi adxudicada á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Copasa, Ogmios e Geotunel, cun prazo de execución de 46 meses e un investimento de case 72,5 millóns de euros máis IVE. O trazado discorrerá maioritariamente baixo terra, a través dun túnel, e contará tamén cun viaduto na enseada da Malata.


COMPETITIVIDADE


Pola súa banda, o presidente da Xunta asegurou que a materialización do acceso ferroviario con Caneliñas supoñerá mellorar "a competitividade do porto de Ferrol e un fito que ningún ministro quere perder".


Núñez Feijóo tamén destacou que "é necesario unir os diques coas infraestruturas da alta capacidade e as vías ferroviarias" e que, no caso de Ferrol, "quere ser un gran porto de contedores, algo que vai ser con esta infraestrutura, cunha obra dunha gran envergadura, de 90 millóns".


Por último, o presidente da Xunta asegurou que a construción deste acceso ferroviario é "o factor determinante para converter o porto exterior de Ferrol nunha dársena global, nun porto europeo, e que ten as características de abrigo, viarias e, agora, as ferroviarias dos grandes portos europeos da fachada do Atlántico".


AXUDA Á INDUSTRIA


Por último, o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño, asegurou que "a dispoñibilidade duns adecuados accesos ferroviarios ao porto exterior é un factor clave para a explotación desta infraestrutura", co obxectivo de "reducir prazos e custos do transporte".


O presidente do ente portuario tamén destacou que "para poder ofrecer unha maior competitividade á industria os portos tamén poden xogar un papel fundamental, á hora de poder exportar máis e mellor".


relacionada Pemex renuncia ao seu prometido desembarco no porto exterior coruñés
relacionada Chega ao BOE a licitación de dous contratos da conexión de tren co porto exterior de Ferrol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE