As navieiras que masificaron as Cíes, investigadas por estafa e falsidade documental

|

Ciesbarconaviera


A Fiscalía de Vigo abriu este luns dilixencias de investigación para determinar se existen indicios de delito nos feitos denunciados pola Xunta de Galicia relativos á actuación de varias navieiras pola sobrevenda de pasaxes ás illas Cíes.


Tal e como confirmaron fontes do Ministerio Público, as dilixencias foron abertas na mañá deste luns, despois de que a Xunta iniciase os trámites para que se investigue se houbo algún delito vinculado ao desembarque nas illas de máis persoas das permitidas.


Estas mesmas fontes lembraron que, unha vez que culmine a dita investigación, a Fiscalía pode presentar unha querela no xulgado de garda se atopa indicios de delito, ou, en caso contrario, arquivar o caso sen presentar denuncia. Segundo a TVG, son catro as navieiras que operan en Cíes as investigadas por estafa e falsidade documental.


ABUSOS


Este mesmo luns, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, ratificou que a Administración autonómica pediu á Fiscalía que investigue estes feitos co fin de "evitar o abuso por parte das navieiras", ás cales a Administración fixo advertencias e abriu expedientes. "É un parque nacional, non un parque de atraccións", selou.


Neste sentido, defendeu que a Xunta, tras coñecer que desembarcaban nas illas máis persoas das permitidas, "actuou no seu momento" e fíxolles advertencias a estas empresas, pero "non respondían os requirimentos" nin aos expedientes incoados, nos que dixo que impoñerán "a sanción máis grave que se pode".


Como consecuencia de todo iso, López-Chaves apuntou que agora se decidiu pedir á Fiscalía que abra unha investigación para determinar se se cometeu algún delito. "Que actúe contra quen excedeu os límites nas Cíes", finalizou.


RESPONSABILIDADE AUTONÓMICA


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que a Xunta "fai ben" en levar ante a Fiscalía a actuación das navieiras, pero preguntou "quen esixe responsabilidades ao vixiante que non vixía", en alusión á responsabilidade da administración autonómica, como xestora do Parque Nacional Illas Atlánticas.


Por outra banda, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, tamén se referiu a esta cuestión, e apuntou que, aínda que hai unha "responsabilidade anterior" pola liberalización do transporte ás Cíes, a "gran responsabilidade" polo sucedido en agosto é das navieras.


A ese respecto, Pérez lembrou que hai indicios de que as empresas "falsificaron billetes", o que supón que teñen unha responsabilidade "penal". Con todo, tamén precisou que a Xunta "puido poñer técnicos" na estación marítima, se sabía que existía ese problema, para que auditasen a emisión de pasaxes.


relacionada En Marea leva ao Congreso o caos das viaxes e a "masificación" das Cíes
relacionada A Xunta di que non detectou ata este agosto o 'overbooking' das Cíes
relacionada A pelexa entre a Xunta e Vigo, detonante para o caos das viaxes ás Cíes
relacionada Sancións de ata 200.000 euros para as navieiras que masifican as Cíes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE