O xulgado de cláusulas chan de Vigo, desbordado polas demandas

Recibiu máis de 1.400 demandas en menos de catro meses, procedentes de distintos puntos da provincia.


|

Juzgadopapeles


En algo menos de catro meses, desde que o 1 de xuño se puxo en funcionamento, o xulgado de reforzo especializado en cláusulas chan de Vigo está desbordado.


E é que acumula neste tempo 1.442 demandas, cun único xuíz para resolver semellante número de casos.


Este tipo de xulgados creáronse para evitar o colapso ao resto de maxistrados da provincia, e o mínimo eran 900 casos, cifra que vigo supera sobradamente.


O de Vigo ditou neste tempo 17 sentenzas de audiencias previas, que estiman as demandas dos afectados, mentres os xuízos se prevén iniciar en outubro.


Este xoves visitaron as súas instalacións o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; e o delegado da Xunta na cidade olívica, Ignacio López Chaves.


Alí trasladaron a súa intención de analizar a situación de Vigo e avaliar se se dota dun xuíz máis a este xulgado ou se se reforza con máis funcionarios. Recentemente o xuíz decano pediu a creación dun segundo xulgado especializado ou "unha solución intermedia", que sería ese nomeamento dun segundo xuíz.


relacionada Os xulgados recibiron 2.500 demandas por cláusulas chan desde xuño
relacionada A Coruña e Vigo concentran o 85% das reclamacións por cláusulas chan

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE