Jorge Suárez apela á "altura de miras" para os orzamentos de 2018

Considera que En Marea non o fixo "tan ben" como "a xente esperaba", pero "é punta de lanza dun proceso que chegou para quedar".


|

Jorgesuarezferrolmic


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, de Ferrol en Común (FeC), pediu "altura de miras" aos grupos municipais para sacar adiante os orzamentos do ano 2018, que se presentarán nas próximas semanas.


Nunha entrevista coa Radio Galega, difundida nun comunicado, Suárez apuntou que a nova etapa de Pedro Sánchez no PSOE "debería facer máis fácil chegar a acordos entre as forzas de esquerda, tanto a nivel de país como de cidade".


Sobre o PP, considera que "está nun 'impasse' ata que chegue un candidato solvente á cidade".


En canto á colaboración política, esgrimiu que foi a que fixo posible o acordo coa Xunta para acabar o saneamento da ría ferrolá con fondos europeos. Así, avaliou positivamente a firma deste convenio polo que se destinarán 7 millóns de euros ás actuacións previstas na enseada da Malata.


"AMBIENTE HOSTIL"


En relación ao futuro de En Marea, fixo autocrítica. "Nun ambiente hostil, non o fixemos todo o ben que a xente esperaba de nós", reflexionou, pero mostrouse convencido de que "é punta de lanza dun proceso que chegou para quedar".


En canto ao referendo de Cataluña, manifestou que ningún proceso electoral, "regular ou irregular", pode ser freado "a través da violencia institucional".


Cre que a investigación de alcaldes e a incautación de papeletas son actuacións "ata ridículas". "Non estamos a reflexionar sobre as consecuencias do que está a pasar", concluíu.


relacionada Os alcaldes das mareas atacan o PP por "silenciar concellos" en Cataluña
relacionada Un mesmo pleno para aprobar os orzamentos de 2017 e 2018 de Ferrol
relacionada Jorge Suárez declara no xulgado pola retirada de dedicacións exclusivas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE