O acordo para as autonómicas entre En Marea e Podemos, en mans da xustiza

Un inscrito, que ten aberto un expediente de expulsión, demandou a "cacicada" que, ao seu xuízo, orquestraron desde Madrid.


|

Criticospodemoshoriz 2Xosé Zapata (der.), con Carlos Armada e Eusebio Ónega.

O secretario municipal de Podemos en Arzúa, Xosé Zapata, acusou nos xulgados á dirección galega da formación e a En Marea de levar a cabo unha "cacicada" a través do acordo co que concorreron como partido instrumental ás pasadas eleccións autonómicas de setembro de 2016.


En concreto, os xulgados de Santiago de Compostela acolleron este martes unha vista na que se abordou a denuncia formulada por Xosé Zapata --a quen Podemos abriu un expediente de expulsión-- e na que compareceron persoal do equipo técnico estatal de Podemos así como a deputada de En Marea e membro da formación morada, Paula Quinteiro, quen acudiu en calidade de testemuña.


Precisamente, Zapata asegurou que, no encontro, os representantes de Podemos "fixeron constar a cacicada" na que, ao seu xuízo, "consistiu a candidatura ás eleccións autonómicas", con listas "elixidas a dedo" que non deixaron "opción aos inscritos" para presentarse.


DIMISIÓNS


"Desvinculáronse absolutamente do proceso de En Marea en Galicia e dixeron que Podemos decidiu non presentarse a estas eleccións, unha opción que tomou o Consello Cidadán Estatal", explicou Zapata. Por iso, manifestou que "se a secretaria xeral en Galicia, Carmen Santos, e Consello Cidadán Autonómico (CCA) non pintaron nada deberían dimitir por renunciar a tomar algún tipo de decisión".


Pero, ademais, en opinión do secretario de Podemos en Arzúa, tanto Carmen Santos como o CCA deberían deixar os seus cargos por "aceptar que, de forma ilegal e antiestaturaria, se cancelasen as primarias de Podemos en Galicia" e se deixase sen efecto a vontade dos inscritos da formación morada sobre a fórmula de concorrencia a estes comicios.


E é que, segundo lembrou, nunha consulta celebrada no verán de 2016, os inscritos decidiron que a formación concorrería en Galicia ou "soa" ou en "coalición". "A ninguén se lle preguntou nin se lle dixo que Podemos non se presentaría ás eleccións", sinalou.


Ante iso, Zapata espera que a xustiza deixe claro que o acordo alcanzado por Podemos e En Marea para concorrer ás autonómicas foi "antiestaturario". "Busco unha sentenza que diga a realidade do ocorrido, que ao país dos caciques viñeron os caciques maiores de Madrid a caciquear", manifestou.


Pola súa banda, fontes oficiais da formación declinaron facer declaracións sobre a vista que tivo lugar este martes así como sobre a denuncia presentada por Xosé Zapata, á que restaron importancia.


relacionada Podemos Galicia integra a oficiais e críticos nunha "comisión de consensos"
relacionada Críticos de Podemos Galicia escollen a Ares Jiménez novo secretario de organización

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE