Críticos de Podemos Galicia escollen a Ares Jiménez novo secretario de organización

A dirección do partido desacredita aos críticos e acúsaos de xerar "ruído" e prexudicalos.


|

Carmensantosconsejopodemos


Este sábado reuníronse 18 dos 35 membros do Consello Cidadán Estatal co obxectivo de abrir "unha nova etapa" tras Vistalegre II


O sector crítico de Podemos Galicia coa dirección do partido reuniuse este sábado en Santiago, onde 18 dos 35 membros que forman o Consello Cidadán Autonómico --órgano máximo de dirección-- veñen de escoller unha "nova estrutura executiva" para "cumprir co mandato" da asemblea estatal da formación morada denominada Vistalegre II, que tivo lugar a comezos de febreiro.


A reunión congregou á "maioría" do CCA (18 de 35), que se atopaban "apartados dos órganos de decicisón" e que están enfrontados á secretaria xeral da formación morada en Galicia, Carmen Santos, que non acudiu á reunión, xa que, como asegurou o pasado venres a Europa Press, é "a única" que ten potestade para convocar este órgano.


Lembran que a Asemblea estatal ditou que a aplicación da nova estrucutra para as formacións autonómicas de Podemos debía ser aplicada nun prazo "de tres meses", polo que xustifican o paso adiante dado polo sector crítico dado que "un mes e medio despois" de Vistalegre, Santos aínda non convocara o CCA.


ARES JIMÉNEZ, NOVO SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN


Os principais acordos alcanzados foron a designación dunha "nova estrutura executiva", na que foron designadas "seis" novas secretarías das 14 existentes, polo que o sector afín a Carmen Santos "mantén a maioría", con oito.


Así, Ares Jiménez foi elixido como novo secretario de organización, cargo que na actualidade ostenta Juan Merlo, deputado de En Marea no Parlmento galego. Os críticos xustifican esta decisión debido a que o cargo implica "dedicación exclusiva" e o traballo na Cámara autonómica de Merlo fai necesario que outra persoa asuma a secretaría de organización ante o período de dous anos ata as próximas .


Ademais, o tamén parlamentario de En Marea Pancho Casal xunto a Verónica Hermida asumirán as portavocías do Consello Cidadán Autonómico, mentres que Marcos Cal (tamén deputado) foi escollido para a secretaría de Acción Institucional; Patricia Grela para a de Igualdade, Feminismos e LGTBI; Iria López na de Educación e Celtia Travesas asumirá a secretaría do Medio Rural.


Segundo estas fontes, as decisións acordadas serán trasladadas aos membros do CCA --incluída Santos-- que non acudiron ao encontro deste sábado. Deste xeito, abrirase un prazo de 48 horas para que estes "poidan votar".


A DIRECCIÓN DESAPROBA A REUNIÓN


A dirección de Podemos Galicia, a través do seu secretario de organización, Juan Merlo; desacreditou ao sector crítico da formación morada que convocou este sábado a celebración dun Consello Cidadán Autonómico (CCA), o que consideran unha "manobra do pasado" que "só provoca ruído e prexudica a Podemos e aos cidadáns".


Neste sentido, indicou que o sector convocante do encontro "xa foi amoestado pola Comisión de Garantías" do partido o pasado mes de decembro "polo mesmo movemento" realizado este sábado, e que devandito órgano "invalidou a reunión e todos os acordos alcanzados nela".


Tras lembrar que "só" a secretaria xeral pode convocar o CCA, apuntou que este debe reunirse "cada tres meses" e que a propia Santos fixou hai uns días o próximo 25 de marzo como data para a próxima reunión do órgano de dirección da formación morada.


DOAZÓN DO SALARIO


Así mesmo, Merlo asegurou que, como establece a "carta financeira de Podemos", os membros do partido que ostenten cargos públicos deben doar a causas sociais o "excedente salarial que supere o límite establecido con carácter xeral de tres Salarios Mínimos Interprofesionais (SMI)".


"Este martes día 21 de marzo termina o prazo para que os deputados autonómicos galegos membros de Podemos que aínda non o fixeron cumpran con esta obrigación", incidiu.


Entre os convocantes deste sábado figuran os deputados de En Marea no Parlamento galego Pancho Casal, Luca Chao e Marcos Cal.


"IRRESPONSABILIDADE E DESLEALDADE"


Así, o secretario de organización de Podemos Galicia tachou a reunión deste sábado como un acto de "irresponsabilidade e deslealdade", cara a "os propios compañeiros" do partido, así como cara aos "aliados" de Anova pola "data escollida", que coincide coa celebración este 18 de marzo da asemblea nacional da formación nacionalista para renovar a súa dirección.


"O ruído provocado só favorece ao argumentario dos medios afíns ao PP e ao propio Partido Popular ao trasladar á opinión pública unha imaxe de divisións e permanentes discrepancias nas distintas formacións de esquerdas, o que dificulta a visibilidade dunha posible alternativa de unidade popular ao goberno de Feijóo", manifestou no seu comunicado.


Por tanto, ven nisto unha "manobra do pasado" que "só provoca ruído", para logo engadir que a asemblea estatal de Vistalegre "marcou un antes e un despois" baixo o "mandato de unidade, lealdade e humildade", algo que non pode quedar só "nunha declaración de intencións e unha foto con Pablo Iglesias en twitter" e que debe ser "unha realidade" para poñer fin a "guerras estériles".

relacionada ​Carmen Santos reprocha a los críticos que usen "los medios y redes sociales" para dañar "al proyecto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE