Pape Cheikh regresou a Vigo para despedirse do Celta

O xogador, co que o club asinou o maior traspaso dun canteirán, xa iniciou a súa etapa no Lyon.


|

PapecheikhceltaPape Cheikh, por última vez en Balaídos. Foto: RC Celta


O ritmo do mercado de fichaxes a última hora deixou pendentes deberes no Celta. E é que ata este luns Pape Cheikh non puido despedirse da afección e do club.


O canteirán, incorporado xa ao Lyon, supuxo o maior traspaso asinado polo Celta cun xogador formado nas súas categorías inferiores.


O xogador quixo despedirse cunha carta de agradecemento, ao club, aos seus ex compañeiros e á afección.


No 2013 cheguei ao Celta e o tempo pasou voando. Soñaba co fútbol e tiña moitas ilusións. Sentinme coma na casa, coidáronme moito, preocupáronse por min e estiven moi protexido. É un día moi especial para min. Quero darlle as grazas ao club por darme a oportunidade de despedirme da miña afección.


Teño moitos recordos bonitos, pero en especial quedo con estes dous: o primeiro foi cando debutei en Primeira División, contra o Espanyol en Balaídos, un recordo inesquecible. E o segundo momento foi cando marquei o meu primeiro gol en Primeira División, ao Granada.


Hoxe doulle as grazas a todas esas persoas que me axudaron a crecer como futbolista e como persoa. Á miña familia, ao club, aos seus dirixentes (en especial ao seu presidente, Carlos Mouriño), aos meus compañeiros, aos adestradores, aos traballadores e a unha afección que sempre me tratou con moito agarimo, por todo isto levo este club e esta cidade no meu corazón.


Seguirei ao Celta desde Lyon coma un celtista máis. Grazas por todo. ALA CELTA!


Tras contestar as preguntas da prensa posou no céspede de Balaídos co seu carné de abonado.


relacionada O Celta confirma a venda de Pape Cheikh ao Olympique de Lyon
relacionada O Tottenham e o Celta negocian o traspaso de Pape Cheikh

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE