O Celta confirma a venda de Pape Cheikh ao Olympique de Lyon

É o xogador máis caro que traspasa o club vigués na súa historia, por unha cantidade que pode chegar a 14 millóns.


|

PapecheikhlyonPape posa coa súa nova camiseta.

Pape Cheikh xa é oficialmente novo xogador do Olympique de Lyon. Esta mañá o Celta anunciou o traspaso, que se converte na venda máis cara da historia do club vigués.


Nun comunicado, a entidade celeste lembra a súa chegada como xuvenil e o seu pase ao primeiro equipo, onde con Berizzo "a pasada campaña participou en 16 encontros de Liga".


"O Real Club Celta quere expresarlle a Pape o seu máis sincero agradecemento polo seu exemplar comportamento, profesionalidade e entrega durante a súa etapa tanto nas categorías inferiores coma no primeiro equipo e desexarlle un rotundo éxito na súa nova andaina no fútbol francés".

O acordo, segundo distintos medios, pechouse por unha cantidade que pode chegar a os 14 millóns de euros, divididos en 10 máis 4 en variables. O de Santi Mina pechouse en 10 millóns.


O xogador xa pousou para as redes sociais coa camiseta do seu novo equipo.



Pape regresará nos próximos días a Vigo para "despedirse da afección celeste".


relacionada O Tottenham e o Celta negocian o traspaso de Pape Cheikh

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE