A Xunta quere que a canteira próxima á Cova de Eirós volva ter licenza

|

Eiroscova


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, apostou por buscar "fórmulas" que permitan "compatibilizar" a conservación do patrimonio da Cova de Eirós, en Triacastela, co mantemento da actividade económica na zona.


Así se pronunciou o titular de Cultura ao ser preguntado polos medios sobre a proximidade da canteira de Vilavella a este xacemento, unha proximidade que provocou que o Xulgado Contencioso Número 2 de Lugo anulase a licenza de actividade que o Concello de Triacastela concedeu a Cementos Cosmos para a súa explotación.


Respecto diso, o conselleiro mostrouse "seguro" de que "entre todos" serán "capaces" de "atopar unha solución que posibilite compaxinar" a preservación da Cova de Eirós, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), counha "actividade económica que é vital para a comarca".


Román Rodríguez fixo estas declaracións este martes durante unha visita á Cova de Eirós, onde anunciou que a Xunta "seguirá apoiando o próximo ano este proxecto" que, conforme destacou, "está a desvelar moitos aspectos descoñecidos" sobre o pasado remoto de Galicia.


NOVOS RESULTADOS


Nesta liña, o departamento que dirixe Román Rodríguez sinalou que os resultados conseguidos nestes últimos anos revelan a importancia deste xacemento para o estudo da Prehistoria de Galicia.


E é que, segundo indicou, os estratos escavados conteñen vestixios que empezan coas últimas comunidades de neandertais e seguen cos grupos cazadores do Paleolítico Superior, os primeiros agricultores do Neolítico.


As novas dotacións absolutas confirman ao grupo de neandertais ocupante da Cova de Eirós como un dos últimos que habitaron no norte peninsular, xusto antes da chegada do Homo sapiens a este territorio.


Este feito, conforme sinalou a Xunta, permite que os investigadores delimiten cada vez mellor as causas da súa desaparición e valorar se foi froito dos cambios climáticos ou da nova competencia producida pola chegada da nova especie á rexión.


relacionada A Cova de Eirós, entre a ameaza e o recoñecemento internacional
relacionada Ecoloxistas celebran que a Xunta poña en marcha a declaración BIC da Cova de Eirós
relacionada A Cova de Eirós convértese no xacemento con arte rupestre máis antigo de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress