A sarabia volve castigar zonas afectadas polas xeadas da primavera

A Federación Rural Galega esixe á Xunta a reunión pendente e afirma que no Ribeiro non se poderá vendimiar nin "un só acio".


|

VinhedosViñedos afectados pola sarabia.

A Federación Rural Galega, Fruga, esixiu á Consellería do Medio Rural, tras os recentes danos que se produciron en forma de sarabia, a convocatoria da reunión que foi prometida en maio para analizar as consecuencias das xeadas da último fin de semana de abril e que aínda está pendente.


A Federación lembra, nunha nota de prensa, que o 23 de maio deste 2017 se celebrou en Ourense unha manifestación en demanda de solucións para os danos. Ao termo da concentración, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, recibiu a unha representación dos manifestantes, entre os que se atopaba o presidente da Fruga e viticultor no concello de Cenlle, Xurxo Álvarez. Nese encontro, Díaz comprometeuse a realizar as xestións necesarias, ante a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para concertar unha reunión na seguinte semana.


Con todo, desde a Federación Rural denúnciase a "incapacidade" ou ben "a negativa" da conselleira para reunirse e dialogar co sector e os seus representantes, á vez que se ironiza sobre "o gran traballo do gabinete de comunicación da Consellería", "capaz de estar case todos os días nos medios de comunicación, se non é unha cousa é con outra".


Fruga relata que despois das xeadas de abril producíronse os incendios de verán e, esta fin de semana, episodios de sarabia que afectaron a distintas zonas do Ribeiro e que van provocar que "este ano practicamente non se poida vendimiar nin un só acio, co que a perda, nalgúns casos, pode ser total".


Xurxo Álvarez, viticultor do concello de Cenlle e afectado tanto polas xeadas de abril como pola sarabia de agosto acusa de "ensimesmamento e autismo" á conselleira de Medio Rural que, ao seu xuízo, "lle impide ver as graves dificultades polas que están a pasar moitos agricultores por causa das distintas adversidades climáticas". O presidente da Fruga tamén "deplora a incapacidade ou a recusa, desta responsable política, a manter un mínimo diálogo coas organizacións agrarias co fin de procurar solucións a todos estes problemas".


relacionada Terceira xornada de tormentas que volverán deixar sarabiadas
relacionada Só a costa se libra hoxe das tormentas e a saraiba
relacionada Os viticultores do Ribeiro 'móllanse' por defender as axudas ao sector tras as xeadas
relacionada Tractorada en Viana do Bolo para denunciar a falta de apoio da Xunta tras as xeadas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE