Os viticultores do Ribeiro 'móllanse' por defender as axudas ao sector tras as xeadas

Máis de 1.500 persoas tomaron as rúas en Ribadavia baixo a choiva | UU.AA. urxe unha "solución" para evitar "poñer en perigo o modo de vida de moita xente" do sector vitivinícola. 


|

Viticultoresribadavia


Máis de 1.500 persoas, segundo datos dos convocantes, manifestáronse este sábado na localidade de Ribadavia (Ourense) para pedir "axudas directas" para as explotacións do sector vitivinícola da comarca do Ribeiro afectadas polas recentes xeadas.



Pasadas as 11,00 horas deste sábado, a manifestación, convocada polo sindicato Unións Agrarias, partiu do IES Ribeiro baixo lemas como 'Polas nosas cepas, polo noso futuro' ou 'Polo futuro do Ribeiro'. Tras percorres varias rúas de Ribadavia, onde pecharon comercios en solidariedade coa marcha, a mobilización concluíu na Praza do Concello.



En declaracións a Europa Press, o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, urxiu unha "solución" para evitar "poñer en perigo o modo de vida de moita xente" do sector na comarca.



"Ante un feito catastrófico pola intensidade das xeadas vai poñer en perigo o modo de vida de moita xente se non hai unha solución", advertiu García, que puntualizou que se trata das peores xeadas que se lembran "en cen anos".



Por iso, valorou a "resposta masiva" deste sábado do sector vitivinícola do Ribeiro, acompañada de "comercios pechados" en Ribadavia en apoio aos manifestantes, que saíron á rúa para "recuperar esta comarca".



AXUDAS DIRECTAS



O secretario xeral de UU.AA. insistiu na necesidade de, por unha banda, "axudas directas" ás explotacións afectadas polas xeadas "para poder subsistir este ano sen uva".



A iso sumou "axudas directas" para "condonar a débeda" coa Seguridade Social de familias que "non van poder" afrontar eses gastos tras os danos causados polas xeadas nas uvas.



García estimou que na comarca do Ribeiro hai "máis de 2.000 viticultores" afectados e no conxunto das catro denominacións de orixe na provincia de Ourense --O Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras--, unhas "4.000 familias con uvas" aos que, segundo dixo, hai que engadir "centos de adegas pequenas" tamén.



"É un problema de emprego e laboral de primeira magnitude", concluíu Roberto García, quen insistiu en reclamar axudas directas para as explotacións afectadas polas xeadas.

relacionada A Xunta insiste que os viticultores contraten seguros, a súa "materia pendente"
relacionada O PP propón declarar as últimas xeadas "fenómenos climáticos adversos"
relacionada UUAA anuncia unha gran mobilización do sector vitivinícola en Ribadavia
relacionada A xeada nas vides galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE