Os independentistas aprobarán antes do 1-O a lei que deseña a transición
Segundo a súa intención, quedaría suspendida se gaña o 'si'. JxSí e a CUP non queren perder a nacionalidade española.
 Presentación da norma. Foto: @JuntsPelSi Twitter
Presentación da norma. Foto: @JuntsPelSi Twitter 
JxSí e a CUP acordaron que a lei de transitoriedade xurídica se aprobe antes do referendo do 1-O, salvando as diferenzas que había sobre cando debía votarse no pleno do Parlament a norma que deseña unha transición de Cataluña do ordenamento xurídico actual a un catalán, e engadiu que a norma entraría en vigor se gaña o 'si' á independencia, mentres que quedaría suspendida se gaña o 'non'.
Díxoo este luns o presidente de JxSí no Parlament, Lluís Corominas, nunha rolda de prensa con deputados do seu partido e da CUP.
A norma presentada establece que a obtención da nacionalidade catalá en caso de independencia "non esixe a renuncia da nacionalidade española". Poderán obter, así mesmo, a nacionalidade catalá, os cidadáns que leven dous anos empadroados en Cataluña a data 31 de decembro de 2016.
 
     
					 O Parlamento catalán retrasa os trámites do referendo, con España pendente
                        O Parlamento catalán retrasa os trámites do referendo, con España pendente
                    
Escribe o teu comentario