O PP descarta o artigo 155 como arma para frear o referendo catalán
Rafael Hernando di que hai respostas "máis oportunas e realistas" en mans dos tribunais se se cometen delitos coma o de sedición.
Exemplar da Constitución de 1978.
O PP descartou xa, "por razóns temporais e xurídicas", poñer en marcha a aplicación do artigo 155 da Constitución, que abre a porta á suspensión da autonomía dunha comunidade, e aposta por outras fórmulas "máis oportunas e realistas" para afrontar o intento da Generalitat para celebrar un referendo de independencia o próximo 1 de outubro en Cataluña.
Rafael Hernando entende que hai medidas "máis oportunas e realistas" e que está en mans dos tribunais responder ao incumprimento da lei ou decidir se se cometen delitos coma o de sedición, unha sublevación ante a orde xurídica.
"Se alguén se quere seguir pegando tiros no pé, que siga por ese camiño", avisa.
Escribe o teu comentario