Crece o temor a que se estenda unha "brutal onda" de islamofobia

"Esta xente mala é a que tamén mata as nosas familias en Siria", defenden os cidadáns musulmáns.


|

ConcentracionmusulmanesConcentración de musulmáns na Rambla.


O presidente de Movemento contra a Intolerancia, Esteban Ibarra, criticou a "brutal onda de islamofobia" que xurdiu en España como consecuencia dos ataques terroristas en Barcelona e Cambrils (Tarragona). "Debemos reaccionar todos, hai que dicir claramente que son terroristas e non musulmáns, igual que dicimos con ETA que son terroristas e non vascos. Musulmáns si, terroristas non", sinalou Ibarra en declaracións a Europa Press.


Neste sentido, lamentou que, ademais do "horror e a matanza", estes atentados provocasen a aparición de xente polas redes sociais que "se pronuncia en contra dos musulmáns, de todo árabe e da inmigración".


Tamén SOS Racismo pediu rexeitar "con contundencia" os discursos racistas e islamófobos, segundo indica nun comunicado colgado na súa páxina web. Fan, así, "un chamamento a non caer na trampa de xerar odio do odio" e subliñan a importancia de "mostrar unión e solidariedade".


Nesta liña, unhas 200 persoas, entre musulmáns residentes en Barcelona e outros veciños da cidade, concentráronse na Rambla para condenar o atentado do xoves.


Durante a concentración dos musulmáns fóronselles achegando veciños cos que debateron e explicáronlles, por exemplo: "Esta xente mala é a que tamén mata a nosas familias en Siria", polo que se produciron algúns desencontros pero finalmente tamén abrazos entre musulmáns e outros cidadáns.


Unha das musulmás que estaba na concentración dixo que nesta ocasión non esperaban unha afluencia masiva, pero que para o luns convocouse outra á que prevén que acudan representantes de asociacións musulmás.


E é que nos últimos días empezaron a aparecer mostras de islamofobia, máis aló dos comentarios en redes sociais. No municipio madrileño de San Martín de la Vega, o centro islámico e locais rexentados por musulmáns amenceron con pintadas.


Ademais, na propia Rambla de Barcelona, un grupo de falanxistas trataron de montar unha concentración, impedida por antifascistas e veciños de Barcelona.

relacionada Cantos musulmáns hai vivindo en Galicia?
relacionada O Goberno mantén no nivel 4 a alerta terrorista
relacionada Os policías alertan das carencias na loita antiterrorista en Santiago
relacionada Younes Abouyaaqoub, o único terrorista fuxido, sinalado como condutor da furgoneta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE