Cantos musulmáns hai vivindo en Galicia?
Na nosa comunidade non existen aínda cemiterios para confesións relixiosas minoritarias, un feito que chega á actualidade por unha proposta no Parlamento.
O PPdeG leva ao Parlamento a creación de cemiterios para confesións relixiosas minoritarias, entre as que destacan principalmente musulmáns e xudeus. En Galicia aínda non exsite este tipo de instalacións, que facilitarían ás familias o proceso de despedirse dos seus seres queridos.
Pero, que tamaño ten a comunidade musulmá en Galicia? En 2015 eran 17.166, a gran maioría, procedentes de Marrocos ou nados en España.
Segundo un estudo publicado por Ipsos MORI, os cidadáns europeos perciben que a poboación musulmá dos seus países é moito maior que a real. En España a visión dos cidadáns axústase máis á realidade que noutros países, aínda que a distorsión tamén é considerable (14% fronte ao 2,1% real).
Escribe o teu comentario