Younes Abouyaaqoub, o único terrorista fuxido, sinalado como condutor da furgoneta

Segue en busca e captura e puido entrar en Francia. A célula terrorista que cometeu os atentados estaba formada por 12 membros.


|

YounesAbouyaaqoubfurgonetaYounes Abouyaaqoub era o condutor.


Segundo os Mossos d'Esquadra, a hipótese exposta este venres de que o marroquí de 17 anos Moussa Oukabir fora o condutor asasino da Rambla de Barcelona "perde peso" segundo pasan as horas.


O operativo de busca e captura persegue agora a Younes Abouyaaqoub, considerado o terrorista que ía ao volante, segundo a hipótese dos Mossos. Segundo informou o xornal Le Parisien, as forzas de seguridade francesas recibiron un aviso da Policía española para tentar localizar unha furgoneta Renault Kangoo de cor branca que puido cruzar a fronteira e que podería ser clave para localizalo.


Das identidades difundidas este venres é o único que non foi abatido cando pretendían realizar outro atropelo múltiple en Cambrils.


Segundo a investigación, os atentados perpetrados foron obra dunha célula terrorista composta por 12 membros, dos cales Abouyaaqoub sería o único fuxido. Os demais compoñentes ou ben faleceron ou foron detidos, aínda que os Mossos d'Esquadra están buscando "dúas ou tres persoas" relacionadas cos atentados.


Os Mossos están a investigar se o imán de Ripoll, cuxo domicilio foi rexistrado este sábado de madrugada, puido actuar de líder do grupo. Este individuo é un salafista radical e considérase que puido desempeñar ese papel, tanto pola súa idade como polo o seu perfil. Os Mossos cren que puido morrer na explosión da casa de Alcanar.


Amplía esta información en Catalunyapress.

relacionada Dan por morto no tiroteo de Cambrils ao presunto autor do atropelo da Rambla
relacionada A hipótese principal sostén que os terroristas preparaban un atentado maior
relacionada Cinco terroristas abatidos cando pretendían replicar en Cambrils o ataque da Rambla
relacionada Os Mossos sinalan a un menor como autor do atropelo na Rambla

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE