A hipótese principal sostén que os terroristas preparaban un atentado maior

|

AlcanarcasaRestos da vivenda que sufriu a explosión.


O maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, explicou que traballan coa hipótese de que o atentado en Barcelona se preparaba "desde había un certo tempo" no chalé de Alcanar (Tarragona), que rexistrou dúas explosións por bombonas este mércores.


Nunha rolda de prensa xunto ao conseller de Interior da Generalitat, Joaquim Forn, Trapero dixo que unha das liñas de investigación traballa coa idea de que, despois da explosión, "fixeron á desesperada os atentados de Barcelona e Cambrils".


"Non é o que tiñan pensado nun principio", expresou, e dixo que a investigación está centrada en identificar as persoas que se movían no domicilio de Alcanar, dos cinco abatidos en Cambrils e das persoas que alugaron os tres vehículos.


Coñece máis detalles na información de Catalunyapress.

relacionada Dan por morto no tiroteo de Cambrils ao presunto autor do atropelo da Rambla
relacionada Elévanse a 14 as vítimas mortais dos atentados en Cataluña
relacionada Cinco terroristas abatidos cando pretendían replicar en Cambrils o ataque da Rambla
relacionada Un atropelo masivo en Barcelona deixa polo menos 13 mortos e decenas de feridos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress