Un atropelo masivo en Barcelona deixa polo menos 13 mortos e decenas de feridos
Os Mossos confirman que hai dous detidos, mentres continúa o operativo de búsqueda. Están activados os protocolos de atentado terrorista.
Dispositivo policial no lugar do atropelo. Foto: Catalunyapress
Unha furgoneta perpetrou na tarde deste xoves un atropelo masivo na Rambla de Barcelona, un ataque que as autoridades tratan como un atentado terrorista.
A cifra oficial de vítimas é de 13 falecidos e un cento feridos ingresados en distintos hospitais, 15 en estado grave. Son, en todo caso, "datos provisionais", facilitados pola Generalitat.
Os Mossos confirman que o autor fuxiu a pé e está en marcha un dispositivo de procura. Non se descarta aínda que poida haber máis persoas implicadas. Hai dous detidos relacionados co atentado.
Na furgoneta alugada utilizada para o atentado os axentes puideron atopar un pasaporte de orixe española rexistrada en Melilla.
A segunda furgoneta que utilizaría o ou os autores do atentado para fuxir foi xa localizada nun Burger King de Vic. Trataríase doutra furgoneta Fiat, de cor branca, igual que a utilizada no atropelo masivo.
Ademais, dous mossos d'Esquadra foron atropelados este xoves pola tarde nun punto de control na avenida Diagonal en dirección á saída de Barcelona, informaron fontes policiais, segundo informaron fontes policiais.
Os feitos ocorreron ás 19.24 horas dean o dispositivo de peche da cidade de Barcelona, cando un vehículo saltou o control policial.
Non periga a vida de ningún dos dous axentes, un deles atópase ferido leve.
O vehículo no que viaxaban foi interceptado e activáronse a área Especialista en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) dos Mossos.
Escribe o teu comentario