Un terrorista atropela cun camión a varias persoas en Estocolmo
Polo menos tres persoas están falecidas hai outras oito feridas no ataque. A policía aínda descoñece se houbo máis dun atacante.
Polo menos tres persoas morreron e oito resultaron feridas como consecuencia dun atropelo supostamente intencionado nunha rúa comercial do centro de Estocolmo, segundo un balance preliminar confirmado pola Policía. "Suecia foi atacada", proclamou o primeiro ministro, Stefan Löfven.
As forzas de seguridade informaron nun comunicado que recibiron as chamadas de alerta sobre o incidente ás 14.53 horas. Os avisos alertaban do atropelo de varias persoas preto de Drottningaten, no centro de Estocolmo.
A Policía informou da morte de polo menos tres persoas e cifrou en oito o balance provisional de feridos. Así, insta aos cidadáns aa quedar nas súas casas e evitar a zona centro.
Sigue lendo a información en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario