Cinco terroristas abatidos cando pretendían replicar en Cambrils o ataque da Rambla
O tiroteo evitou un novo atropelo múltiple de madrugada. Os atacantes levaban cintos de explosivos falsos.
Os Mossos d'Esquadra abateron esta madrugada a cinco terroristas que tentaban repetir un ataque en Cambrils (Tarragona) similar ao da Rambla de Barcelona. Un deles quedou ferido no tiroteo, pero faleceu pouco despois, cando estaba detido. Segundo a Generalitat, están "vinculados ao que sería o grupo de Alcanar e relacionados tamén coa persoa que atentou en Barcelona".
Os Mossos d'Esquadra advertiran previamente vía Twitter: "Operativo policial en Cambrils por posible atentado terrorista", e pedían á xente non saír á rúa.
O conseller de Interior da Generalitat, Joaquim Forn, explicou que a pasada madrugada un operativo de control detectou un coche sospeitoso ao que perseguiu e que atropelou a varias persoas na contorna do Club Nàutic de Cambrils.
Como consecuencia do atentado frustrado de Cambrils, segue habendo 6 civís feridos --un deles crítico-- ademais dun mosso que tamén resultou ferido.
Os explosivos que levaban os terroristas que pretendían atentar en Cambrils este venres de madrugada eran falsos, como comprobaron Tedax dos Mossos d'Esquadra cunha explosión controlada.
Escribe o teu comentario