O Goberno mantén no nivel 4 a alerta terrorista

Os lugares turísticos, de afluencia masiva e outros obxectivos potenciais, recibirán reforzos de seguridade.


|

MesaamenazaterroristaA mesa reuniuse ás 10 da mañá.


O ministro do Interior, Juan Antonio Zoido comunicou hoxe en rolda de prensa a que a Mesa extraordinaria da ameaza terrorista, reunida hoxe en Madrid, acordou por unanimidade manter o nivel 4 (sobre 5) de alerta antiterrorista, aínda que se reforzan algúns dispositivos.


Entre estes citou reforzar os dispositivos de seguridade en lugares de afluencia masiva, como as zonas turísticas e readaptar a intensificación dos potenciais obxectivos. Tamén se reforzarán os dispositivos de reacción fronte a un hipotético atentado ou estreitar a colaboración coas policías locais.


NIVEL 5, O MÁXIMO


Pola súa banda, o nivel 4 (risco alto) supón "o máximo reforzamento dos dispositivos de seguridade" e o nivel 5 (risco moi alto) leva medidas de "carácter excepcional". A Instrución detense neste último nivel para dicir que "se poderán solicitar os oportunos apoios ás Forzas Armadas".


Especifica ademais Interior que o Exército poderá ser requirido para realizar labores de "vixilancia e protección de infraestruturas críticas" e outros "obxectivos estratéxicos" incluíndo "o recoñecemento aéreo de obxectivos estratéxicos non urbanos". No nivel 5 tamén se poderá decretar a "restrición e control do espazo aéreo".


Segundo establece o marco de actuación dos efectivos dispoñibles que prevé o Estado Maior da Defensa, o nivel 5 de alerta antiterrorista implicaría a posibilidade de recorrer a polo menos 5.000 militares de reacción rápida pertencentes ao Núcleo da Forza Conxunta das Forzas Armadas.


relacionada Os policías alertan das carencias na loita antiterrorista en Santiago
relacionada Younes Abouyaaqoub, o único terrorista fuxido, sinalado como condutor da furgoneta
relacionada A hipótese principal sostén que os terroristas preparaban un atentado maior

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE