Listo para ser xulgado con xurado popular o caso de Tatiana Vázquez

O avogado do mozo acusado de asasinar a súa ex parella, que recibiu máis de 50 puñaladas, cre que o xuízo "se vai atrasar ata febreiro ou marzo".


|

TatianavazquezsanfizLugar onde apareceu o coche co cadáver.


César Lodos, o avogado de Ibrahima N., o mozo de orixe senegalesa acusado de asasinar a súa ex parella, a moza lucense Tatiana Vázquez, confirmou que xa se designou procurador e que presentou "o escrito de defensa".


O letrado concreta que este é o "último trámite necesario na fase de instrución e xa pasará á Audiencia Provincial (de Lugo) para o sinalamento de xuízo", que será con xurado popular.


O 9 de abril do pasado ano 2016 aparecía o cadáver da moza, natural de Castro de Rei, no seu coche en San Fiz, moi preto da sede da policía local en Lugo, con máis de cincuenta puñaladas. Poucos días despois era detida oa súa ex parella.


César Lodos descoñece cando se fixará a data de xuízo, xa practicamente concluída a instrución. "É un procedemento con bastantes tomos e vaise atrasar ata febreiro ou marzo do próximo ano (2018)", sinala.


No escrito de defensa puxo de manifesto que "non hai nin unha soa proba e a actitude do acusado indica que non tivo nada que ver co asasinato de Tatiana". Ademais, lamentou que "se estea perdendo a oportunidade de estudar outras vías" de investigación.

relacionada A defensa do presunto asasino de Tatiana Vázquez aventura que o crime quedará "sen resolver"
relacionada A defensa do presunto asasino de Tatiana Vázquez pedirá de novo a súa liberdade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE