A defensa do presunto asasino de Tatiana Vázquez aventura que o crime quedará "sen resolver"

A Fiscalía de Lugo pide 25 anos de prisión para Ibrahima, o mozo senegalés detido en relación co crime. 


|

Detenidomuertetatianavazquez


A defensa do senegalés Ibrahima N., acusado do asasinato da moza Tatiana Vázquez, cuxo cadáver presentaba 54 coiteladas (segundo o escrito de acusación da Fiscalía) fai máis dun ano no barrio de San Fiz en Lugo, afirmou este mércores que vai "ser un crime que vai quedar sen resolver".


Así o sinalou despois de que transcendese o escrito de acusacoón da Fiscalía de Lugo nesta causa no que pide dous anos e medio de cárcere por violencia habitual no ámbito familiar e 25 anos de prisión polo de asasinato ao mozo senegalés que foi detido poucos días despois e permanece na prisión de Monterroso.


"O escrito de acusación do fiscal non debería chegar nunca contra Ibrahima, deberían abrirse outras vías de investigación", sostivo o avogado César Lodos, quen reitera que "vai ser un crime que vai quedar sen resolver".


"De ningún modo cremos que deba ser condenado por algo que non fixo. No escrito de acusación do fiscal pódese ver que non existe nin un só indicio que apunte á comisión dun delito por parte de Ibrahima", segundo apostila.


Ademais, Lodos constata que aínda non puido falar co seu cliente, e, por tanto, "non" lle comunicou a petición do fiscal. "Eu barallaba sobre vinte anos que ía ser a petición fiscal e Ibrahima con esa petición xa se sorprendía enormemente, que puidese existir un escrito de acusación contra el", segundo conclúe o letrado, que engade que este crime dirimirase con xurado popular.

relacionada A defensa do presunto asasino de Tatiana Vázquez pedirá de novo a súa liberdade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE