Martiño Noriega celebra o Día do Traxe Galego cos seus maiores valedores
O alcalde de Santiago recibiu en Raxoi a Asociación do Traxe Galego, que reivindica esta "insignia valiosa" que enlaza toda Galicia.
A Asociación do Traxe Galego foi recibida en Raxoi.
A XXXVIII edición do Día do Traxe Galego serviu para que a asociación que mantén esta tradición reivindicase a vestimenta típica da comunidade como unha "insignia valiosa que enlaza hoxe Compostela con Galicia enteira".
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que recibiu este sábado a Asociación do Traxe Galego no Pazo de Raxoi, no marco das Festas do Apóstolo, manifestou o seu agradecemento ao colectivo polos "moitos anos de mantemento da memoria" e aseverou que "as sociedades que non saben de onde veñen, non teñen futuro".
Pola súa banda, a presidenta da asociación, Pilar Astray Rodríguez, referiuse ao traxe tradicional como esa "insignia valiosa que enlaza hoxe Compostela con Galicia enteira".
A sala municipal na que tivo lugar o encontro quedou pequena para as decenas de nenos e maiores da asociación que acudiron á reunión, ademais de representantes das forzas políticas locais. De feito, algunhas decenas quedaron na sala contigua.
Escribe o teu comentario