Chega a onda de calor: ata 36 graos este mércores

Os ceos este mércores estarán en xeral na Comunidade galega pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento nas comarcas cantábricas, algo máis compactas ao principio e ao final da xornada.

|

Os ceos este mércores estarán en xeral na Comunidade galega pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento nas comarcas cantábricas, algo máis compactas ao principio e ao final da xornada.



Primeira onda de calor do verán 2018



Isto é así porque Meteogalicia prevé que as altas presións localizadas sobre Azores entrarán durante a xornada do mércores en forma de cuña sobre a Península Ibérica, achegando a estabilidade.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, polo que a madrugada será aínda fresca, pero as máximas ascenderán de forma lixeira a moderada, con sensación de calor xa pola tarde.

É máis, o servizo de Meteogalicia activou o aviso amarelo ante a chegada, este mércores dunha masa de aire cálido desde o norte de África que provocará un aumento significativo das temperaturas en puntos da metade sur da Comunidade galega.

Así, activouse a alerta de nivel amarelo porque se esperan temperaturas máximas superiores aos 34 graos na zona do Miño na provincia de Pontevedra e superiores aos 36 graos na zona do Miño da provincia de Ourense, entre as 15 e as 21 horas.

En canto aos ventos, soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE