O Goberno catalán denuncia os axentes que interrogaron a altos cargos
Os interrogatorios desta semana están relacionados cos preparativos do referendo.
Imaxe da copia da denuncia.
O Govern catalán presentou este sábado a denuncia contra os axentes da Garda Civil responsables dos interrogatorios a varios cargos da Generalitat realizados esta semana relacionados cos preparativos do referendo, dentro da investigación do chamado 'caso Vidal'.
O conseller de Presidència, Jordi Turull, publicou no seu perfil de Twitter unha fotografía da denuncia, presentada ante un Xulgado de Garda de Barcelona e dirixida contra os axentes que levaron a cabo os interrogatorios.
Escribe o teu comentario