O Goberno catalán si se someterá ao Supremo e ao TC ao verse sen axuda financeira do Estado

Junqueras anuncia a intención da Generalitat de chegar ata instancias internacionais co asunto.


|

OrioljunquerasOriol Junqueras anuncia os pasos que seguirá a Generalitat.


Se o presidente catalán, Carles Puigdemont, dixo onte que non recoñecería a autoridade do TC ante unha posible inhabilitación, o seu vicepresidente Oriol Junqueras anunciou este martes que presentará un recurso ante o Tribunal Supremo e ante o Tribunal Constitucional contra "a ameaza" do Goberno central de cortar o Fondo de Liquidez Autonómica.


Asegurou, ademais, que isto é un paso previo a levar este mesmo asunto ante instancias internacionais.


Junqueras acusou o Goberno central de querer prexudicar os provedores da Generalitat e os cidadáns e asegura que en ningún caso estas advertencias frearán a celebración dun referendo de independencia: "É evidente que non faremos un referendo utilizando os recursos do FLA".

relacionada Puigdemont: "Se o TC me inhabilita, non aceptarei esa decisión"
relacionada Facenda detectou na Generalitat gastos prohibidos polo TC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE