Máis de 4.800 niños de avespa velutina retirados no que vai de ano

A Coruña é a provincia máis afectada por esta especie invasora e onde se concentran a maior parte das intervencións, máis de 3.000.


|

VelutinaavispanidoNiño de avispa velutina.


A Xunta retira máis de 4.800 niños de avespa velutina na primeira metade de 2017. En concreto, foi na comisión de seguimento do plan de loita contra esta avespa, celebrado este sábado en San Caetano, onde se deu a coñecer o número total de niños de avespa velutina retirados no primeiro semestre de 2017, que ascenderon a 4.812.


A esta reunión asistiron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor; a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz; un representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e técnicos especialistas na materia.


Desde que comezou esta loita o pasado ano, segundo se recolle nun comunicado da Xunta, distribuíronse 445 equipos de protección e 110 pértegas a persoal municipal, grupos de emerxencia supramunicipais, bombeiros e persoal das consellerías participantes. Ademais, os apicultores recibiron un total de 10.800 trampas para acabar con esta avespa.


En canto á divulgación e información, distribuíronse 60.000 folletos e 1.700 carteis informativos polos centros de atención primaria, as oficinas comarcais da Consellería do Medio Rural, distritos forestais, unidades de emerxencia e as asociacións apícolas.


No que respecta á distribución provincial, na Coruña retiráronse un total de 3.056 niños; seguida de Pontevedra, con 1.398; Lugo, con 300; e Ourense, que é o territorio menos afectado por esta avespa, con 58.


A próxima comisión de seguimento da avespa velutina realizarase despois do verán, na segunda quincena de setembro. A esta comisión tamén asistirán o grupo de investigación creado pola Xunta e representantes das asociacións de apicultores de Galicia.

relacionada Os apicultores estiman en máis de 15.000 os niños de avespa velutina en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE