Segundo rescate do verán nas pozas do río Pedras na Pobra

Foi o propio ferido o que chamou para dicir que non podía saír do lugar. Foi evacuado en helicóptero ao hospital.


|

RescatepobraO ferido tivo que ser evacuado en helicóptero. //Foto: Bombeiros Boiro


O helicóptero 'Pesca 1' evacuou na tarde do mércores a un home que resultou ferido nunhas pozas do Río Pedras, no municipio da Pobra do Caramiñal.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, o ferido escorregou e magoouse nun pé, polo que non podía abandonar o lugar polos seus propios medios.


Foi o propio home afectado o que chamou ao 112 Galicia ás 18,35 horas do mércores e indicou que estaba ferido e que se atopaba nunha zona de difícil acceso. O venres pasado outro home tivo que ser rescatado nesa zona.


Tras iso, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata as inmediacións unha ambulancia. Tamén se alertou aos Bombeiros de Ribeira e aos de Boiro, a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.


Unha vez rescatado polo helicóptero dependente da Xunta, o home ferido foi evacuado ao Hospital do Barbanza.

relacionada Rescatan un home ferido nunhas pozas dun río na Pobra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE