Rescatan un home ferido nunhas pozas dun río na Pobra

Os efectivos de emerxencias tiveron que trasladalo desde a zona de piscinas naturais ata onde esperaba a ambulancia.


|

RescateriopobraA ambulancia non podía chegar á zona do rescate. //Foto: @BomberosBoiro


Os efectivos de emerxencias rescataron este venres un home que resultou ferido despois de caer nunha zona de piscinas naturais do río Pedras, na Pobra do Caramiñal.


Unha particular chamou ao 112-Galicia ás 17,50 horas para informar dos feitos. Enseguida, deuse aviso aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, a Protección Civil e á Garda Civil, así como a persoal do 061.


Unha vez no punto, os efectivos sanitarios solicitáronlle axuda ao 112 para rescatar a vítima. Os efectivos de emerxencia encargáronse de trasladar ao home desde a zona das pozas ata o lugar no que xa estaba a esperar por el unha ambulancia.

relacionada Sae ileso tras precipitarse ao río por un desnivel de dous metros en Caldas de Reis
relacionada Atopan nun río de Lalín o corpo dun nonaxenario desaparecido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE