O parricida de Moraña, condenado a prisión permanente revisable

É a primeira sentenza destas características que se dicta en España. O acusado recoñecera os feitos na súa declaración.


|

Dabidoubelparricidamorana

David Oubel recoñeceu a autoría do crime.


O parricida de Moraña, David Oubel, foi condenado este xoves pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra á pena de prisión permanente revisable polo asasinato das súas dúas fillas, ocorrido o 31 de xullo de 2015 cando contaban con catro e nove anos de idade. Trátase da primeira condena destas características que se dita en España.


Deste xeito, en atención ao veredicto de culpabilidade emitido polo xurado e á conformidade da defensa coas penas solicitadas, a presidenta do Tribunal ditou sentenza 'in voce' para condenar a David Oubel por dous delitos de asasinato cualificados con aleivosía, e agravados polo parentesco e por tratarse de vítimas menores de 16 anos.


Ademais do cárcere, a condena prohibe a Oubel comunicarse e achegarse á súa ex muller, ao seu domicilio, ao seu lugar de traballo ou a calquera lugar no que se atope durante un período de 30 anos, e establece unha indemnización para ela de 300.000 euros. A sentenza foi declarada firme ao renunciar todas as partes a recorrer e o condenado non poderá solicitar a revisión da pena ata dentro de 25 anos.


A pesar da conmoción que xerou este caso na sociedade galega e a que durante o xuízo vivíronse momentos emotivos, o acusado --que o martes recoñeceu os feitos e chegou a pedir perdón-- permaneceu impasible e coa cabeza baixa durante as tres sesións, e este xoves acolleu a lectura do veredicto e a condena con pasividade.


VEREDICTO DO XURADO


Os nove membros do xurado popular, por unanimidade, ven probado que o 31 de xullo de 2015 Oubel atopábase no seu domicilio en Moraña coas súas fillas cando se dirixiu ás habitacións nas que se atopaban as nenas e atacounas cunha amoladora eléctrica e unha arma branca, producíndolles a morte "intencionadamente".


Tamén declaran probado por unanimidade que o ataque se produciu "aproveitando a total indefensión da nena Amaia, que se atopaba ademais cun nivel baixo de consciencia" polos fármacos; e "aproveitando a indefensión de Candela, á que, ademais de adormentala, ao non producir os fármacos o efecto desexado", atou con cinta americana tras un forcexeo.


PRIMEIRA CONDENA DE PRISIÓN PERMANENTE


Este caso é o primeiro de Galicia no que a Fiscalía pediu a pena de prisión permanente revisable, ao acollerse á reforma do Código penal aprobada en xullo de 2015; e é o primeiro de España no que o acusado foi condenado á dita pena.


O pasado mes de maio a Audiencia Provincial de Sevilla xa acolleu outro xuízo no que a Fiscalía pediu prisión permanente revisable para o autor do crime dunha moza que inxerira medicamentos para tentar suicidarse. Con todo, nese caso o Tribunal rexeitou impoñer esa pena e acordou 39 anos de cárcere --sentenza que foi recorrida pola Fiscalía--.


"NON É UNHA SITUACIÓN AGRADABLE" PARA A FAMILIA


O avogado que representa á familia materna manifestou que "non é agradable" que o parricida fose condenado como autor destes feitos á pena de prisión permanente revisable.


Con todo, en declaracións aos medios á saída da Audiencia Provincial de Pontevedra, o letrado indicou que espera que esta resolución, "con toda a emoción, sexa un agasallo para polo menos cubrir a ausencia das nenas".


Visiblemente emocionado, do mesmo xeito que o fiscal pouco antes na sala --que non puido continuar co seu discurso--, o avogado valorou ás portas do xulgado que a maxistrada "se comportou moi, moi ben" ao comunicar a súa sentenza --que xa foi declarada firme-- no mesmo acto de xuízo.


"Cando todo o mundo estaba á espera de recibila, que ademais é a primeira que se solicita e que se impón", remarcou, antes de matizar que esta pena non representa unha situación "agradable para ningún". "Para ningún", selou.



relacionada A defensa do parricida de Moraña asume o relato do crime do fiscal
relacionada O parricida de Moraña recoñece o crime e mostra o seu arrepentimento
relacionada Piden prisión permanente revisable para o presunto parricida de Moraña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE