"Democracia", a resposta de Rajoy aos "delirios" independentistas

O presidente do Goberno insiste en que España é "capaz de dar resposta aos desafíos daqueles que nos queren levar de volta ao pasado".


|

Rajoycocheoficial 1


Mariano Rajoy asegurou este mércores que os "delirios autoritarios e frontistas" dos independentistas "nunca" poderán "vencer a serenidade e o equilibrio" do Estado democrático.


Por iso, pediu aos cataláns que sigan "mantendo a súa confianza" no futuro, a pesar do "xiro radical" do Executivo autonómico.


"España é un país cunha democracia exemplar capaz de dar resposta aos retos do futuro e aos desafíos daqueles que nos queren levar de volta ao pasado", declarou Rajoy na inauguración da xornada sobre crecemento empresarial e competitividade organizada polas Cámara de Comercio de España.


Rajoy respondeu así á lei do referendo que presentaron este martes o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, a coalición Junts pel Si (JxSí) e CUP, coa que queren proclamar a independencia "inmediatamente" se gaña o 'si' no referendo do 1 de outubro para dar paso a un proceso constituínte que culmine nunha constitución para unha república catalá.


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada Se gaña o 'si', a independecia catalá sería cuestión de 48 horas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE