Se gaña o 'si', a independecia catalá sería cuestión de 48 horas

O goberno de Puigdemont presentou a futura lei do referendo, que non prevé unha participación mínima para dar por bo o resultado.


|

Referendumcat


O proxecto de lei con que o Goberno catalán e os partidos independentistas queren convocar o referendo do 1 de outubro recolle que o Parlamento catalán proclamará a independencia "inmediatamente" se gaña o 'si', para dar paso a un proceso constituínte que culmine nunha constitución para a nova república catalá.


A normativa coa que queren amparar o referendo foi redactada por JxSí e a CUP con axuda de "multitude de expertos" e foi presentada este martes no auditorio do Parlament nun acto ao que se convidou a todos os deputados pero ao que finalmente acudiron os de Podem e EUiA, ademais dos deputados dos dous grupos impulsores.


A normativa dos independentistas declara o Parlament soberano e di que o habilita para impulsar un referendo de independencia con resultados vinculantes: se gaña o 'si' declararase a independencia como máximo 48 horas despois da proclamación definitiva dos resultados.


VENECIA NON FIXA MÍNIMOS


Os independentistas aseguran que amparándose nos estándares da Comisión de Venecia, a lei non fixa unha participación mínima para dar por válido o resultado da consulta, pero tanto JxSí como a CUP insistiron na necesidade de que a afluencia sexa "un éxito".


Podes ampliar esta información en CatalunyaPress.

relacionada Pregunta do referendo: Queredes que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE