O Celta quere pechar co Fulham o traspaso de Jozabed

Segundo o medio británico Sky Sports, xa hai acordo, tras dúas semanas de rumores. O sevillano convence ao club celeste.


|

JozabedceltaJozabed, na súa presentación en xaneiro. //Foto: RC Celta


Hai dúas semanas que os rumores sobre o regreso de Jozabed ao Celta o daban como algo inminente, pero as diferenzas entre o club vigués e o Fulham atrasan a operación. Segundo o medio británico Sky Sports, con todo, finalmente houbo acordo e o sevillano está a poucas horas de volver vestirse de celeste.


O trato supoñería para o Celta a propiedade do xogador, a cambio duns cinco millóns de euros. O xogador sevillano ha iniciado a pretemporada co Fulham, pero pode mesmo chegar para o primeiro día da cita celeste, o vindeiro luns.


No club vigués convenceu o xogador, que chegou a finais de xaneiro e conseguiu rapidamente protagonismo baixo a dirección de Berizzo. Juan Carlos Unzué tamén valora o rendemento do futbolista.

relacionada Maxi Gómez fai a súa pretemporada particular na Madroa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE