Maxi Gómez fai a súa pretemporada particular na Madroa
O cadro celeste non volve aos adestramentos ata a próxima semana e o atacante uruguaio traballa para arrincar con vantaxe.
Maxi Gómez, adestrando no ximnasio. Fonte: RC Celta
Nin unha semana leva en Vigo, pero o recentemente incorporado Maxi Gómez xa está plenamente instalado na súa nova rutina como celeste. O dianteiro aseguraba nas súas primeira declaracións como celeste estar "ansioso por comezar".
Tal e como informa o Celta na súa web, o futbolista uruguaio leva desde o xoves ao choio nas instalacións deportivas da Madroa. Baixo a supervisión do recuperador do primeiro equipo Pedro Docampo, Maxi iniciou un plan de adestramento que ten como obxectivo acelerar a súa adaptación ao grupo.
O atacante descansou sábado e domingo e retomou o traballo este luns sen tregua ata a seguinte fin de semana, última antes do inicio oficial da pretemporada. As sesións de adestramento de Maxi están estruturas en dous bloques, un físico xeneral baseado en exercicios de forza e resistencia cardiovascular, e outro técnico-táctico co que afacer a súa musculatura ao golpeo.
Escribe o teu comentario