O Dépor participará no Torneo Teide o próximo 12 de agosto

|

Teide


O Deportivo da Coruña fixo oficial a súa particiapción no torneo Teide deste verán nas Illas Canarias, que disputará ante o Tenerife o próximo 12 de agosto.


"Herculinos e chicharreros disputarán a 47ª edición do Trofeo Teide o sábado 12 de agosto, no Estadio dos Cuartos, na localidade de La Orotava, 35 quilómetros ao oeste de Santa Cruz de Tenerife. A hora de inicio do choque aínda está pendente de confirmación", explicou o club na súa web.


A última vez que ambos os equipos se enfrontaron foi en Segunda División na tempada 2013-2014. Hoxe, o Depor é equipo de LaLiga Santander mentres que o Tenerife quedou a un paso de ascender á elite do fútbol en favor do Xetafe.


O evento canario será a última cita do equipo coruñés na pretemporada deste verán, que empeza o 5 de xullo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress