Levy Mandinda, terceira baixa na 'operación saída' do Celta

O centrocampista gobonés fichou polo Asteras Tripolis FC grego para as próximas tres tempadas.


|

Levimadinda

//www.asterastripolis.gr


O Celta de Vigo segue alixeirando o seu persoal. Tras a marcha de Carles Planas e a cesión de Théo Bongonda, Levy Madinda rescinde o seu contrato e marcha para o Asteras Tripolis grego, no que xogará as próximas tres tempadas, segundo informan varios medios e puidemos comprobar nas redes sociais do equipo da Superliga grega.




O xogador probará sorte fóra de España despois dun ano e medio no que estivo cedido en dúas ocasións no Nástic de Tarragona. O Celta garda silencio pero Madinda xa pousou coa elástica do seu novo club e mesmo fixo declaracións, segundo informa La Voz de Galicia

relacionada O vigués Rubén Albés dirixirá o Celta B a próxima tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE