O vigués Rubén Albés dirixirá o Celta B a próxima tempada
A tempada pasada dirixiu a o filial do Real Valladolid | O seu segundo adestrador será Toni Madrigal.
Segundo un comunicado na web do Celta, o técnico vigués Rubén Albés será o adestrador do Celta B a próxima tempada tras o acordo selado hoxe co club. Rubén Alvés, de 32 anos "atesoura unha ampla experiencia nos bancos, tanto de primeiro como de segundo adestrador", asegura o equipo vigués sobre o preparador galego, quen dirixiu a pasada tempada o filial do Real Valladolid. O segundo adestrador será Toni Madrigal, con quen Albés compartiu banco no Valladolid B.
Albés, o adestrador "máis novo de España nas categorías nacionais no ano 2010", foi segundo de Benito Floro en Marrocos, no Wydad de Casablanca.
Tras o seu regreso a España, adestrou o Novelda CF e na tempada 2014/2015 dirixiu en dúas etapas, en Segunda B, o Eldense. En 2015 converteuse en adestrador do filial do Real Valladolid e en outubro dese mesmo ano foi ascendido ao primeiro equipo como segundo de Miguel Ángel Portugal. A pasada tempada dirixiu de novo o filial valisoletano, onde deixou "unha extraordinaria impresión".
Escribe o teu comentario