Investigado un veciño de Chandrexa de Queixa por cinco incendios forestais intencionados

Segundo a Garda Civil, trátase dun home de 64 anos que pretendía limpar maleza e rematou queimando máis de 3 hectáreas.


|

Seagaincendio


O Equipo de Investigación de Incendios da Garda Civil, en colaboración co axente forestal do distrito 13, tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Chandrexa de Queixa por cinco lumes forestais intencionados.


Segundo informou o Instituto Armado, o individuo G.C.N., de 64 anos e veciño de Chandrexa de Queixa, como presunto autor de cinco incendios forestais intencionados por causa relacionada con limpeza de maleza.


Os lumes ocorreron, segundo engaden as mesmas fontes, entre os días 10 de marzo e 29 de abril e resultaron queimadas 3,15 hectáreas de monte baixo e arboledo.


As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Trives (Ourense).

relacionada A CIG denuncia que hai un 40% de vacantes nas brigadas contraincendios de Lugo
relacionada Alertan dunha estafa en Ourense de ofertas de emprego falsas para o servizo contra incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE