Alertan dunha estafa en Ourense de ofertas de emprego falsas para o servizo contra incendios

|

Bomberosforestalesincendio


A Policía Nacional advirte dun novo tipo de estafa na cidade de Ourense pola que ofrécese traballo a desempregados na campaña de verán contra os incendios forestais.


Segundo informa a Comisaría de Ourense, a advertencia xorde por mor dunha denuncia recibida día 29 de maio de 2017, na que a vítima era un parado, demandante de emprego.


"Este tipo de engano, amparado polo estado de necesidade da xente, prodúcese porque na actualidade está aberto o prazo para solicitar emprego durante o verán na campaña antiincendios posta en marcha pola Administración autonómica", segundo explica a Policía Nacional.


A estafa consiste en que un individuo faise pasar por encargado dunha empresa de aluguer de helicópteros con sede en Madrid, a cal existe realmente, e ofrece traballo como persoal de forestal, xa que a empresa foi contratada en Ourense e necesitan xente.


A Comisaría de Ourense comprobou que nin esa empresa nin a Administración autonómica teñen "nada que ver con estas ofertas de emprego". "Trátase dunha simple añagaza, para estafar diñeiro a persoas vulnerables", avisa a Policía.


O suposto estafador ofrece un soldo de 1.050 euros e 150 euros de dietas cada quince días e pide a cambio un adianto de 120 euros para proporcionar roupa adecuada.


IMPRESO


No momento en que a vítima lle dá o diñeiro ao presunto estafador, este faille entrega dun impreso no que figuran dous logotipos, o da empresa de Madrid e o da Xunta de Galicia, que debe cumprimentar cos seus datos persoais, "proporcionándolle a cambio unha fotocopia do DNI do ofertante do traballo, para ofrecer maior garantía á vítima da veracidade do contrato", segundo apuntan as mesmas fontes policiais.


A forma de captar ás vítimas consiste, segundo o relato policial, en "abordalas en cafeterías da cidade para ofrecerlles traballo e asinar nese mesmo momento o contrato a cambio de diñeiro".


Ademais da denuncia recibida, a Policía indica que se ten coñecemento de que "pode haber moitas máis vítimas presentes e posibles futuras" que, "ante a posibilidade de ser contratadas, non denuncian por medo que esa actuación frustre a oferta de emprego que tanto necesitan", segundo conclúe a Policía.

relacionada Empregados antiincendios consideran "lamentable" que o PP rexeite ampliar os seus contratos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress