A CIG denuncia que hai un 40% de vacantes nas brigadas contraincendios de Lugo

|

Bomberosforestalesbrigadaextincionincendio


A delegada da CIG no servizo contraicendios de Lugo, Susa Gavín, denunciou que nesta provincia "hai ao redor dun 40 por cento de prazas vacantes" que non se repoñen.


Gavín acusou á Xunta de "ocultar datos á hora de cubrir prazas, movendo persoal dunha zona para outras ou de non renovar prazas alegando que non hai orzamento".


"Paréceme grave a situación", sostivo, á vez que fixo fincapé en que, ás veces, as brigadas están formadas por "unha ou dúas" persoas en lugar das sete requiridas.


Por todo iso, alertou de que "o servizo resulta inoperativo", tras sinalar que na provincia de Lugo son unhas 500 persoas as que compoñen o servizo contraincendios, con 100 máis en épocas de risco.

relacionada Alertan dunha estafa en Ourense de ofertas de emprego falsas para o servizo contra incendios
relacionada A Xunta deixa sen cubrir só en Ourense máis de 60 vacantes na loita contra incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress