A Policía Local de Lugo pecha con cadeas e cadeados o antigo cuartel de San Fernando
Os axentes acharon nos últimos días a persoas sen fogar pasando a noite no edificio.
Cuartel de San Fernando. //Foto: Concello de Lugo
A Policía Local de Lugo procedeu a colocar cadeas e cadeados na entrada do antigo cuartel de San Fernando tras achar a fin de semana indixentes nas instalacións.
Segundo informou a Policía Local, unha patrulla da Policía Local, sobre as 11,10 horas do sábado 27, ao efectuar a vixilancia do antigo cuartel de San Fernando, onde desaloxara o día previo un 'okupa', comprobou que os valos perimetrais foran forzados nalgunhas das súas suxeicións.
Por iso, os axentes inspeccionaron o seu interior e atopáronse cun indixente que durmía, ao que se identificou e ofrecéuselle a posibilidade de pernoitar no albergue, feito que rexeitou e ausentouse do lugar.
Os policías procederon á colocación de cadeas e cadeados nas unións do valado para evitar "que sigan entrando persoas alleas", segundo indican as mesmas fontes.
Escribe o teu comentario