Lugo está entre as seis provincias "máis seguras" de España

A delincuencia máis esquiva aos máis de mil axentes da Garda Civil son principalmente bandas organizadas itinerantes.


|

Ladronviviendarobo


A provincia de Lugo atópase entre as "seis provincias" españolas "máis seguras", segundo puxo de manifesto o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, tras participar nos actos do 173 aniversario da fundación da Garda Civil, que se celebraron na comandancia lucense da Praza Bretaña.


"Lugo atópase entre as seis provincias máis seguras de España e a máis segura a nivel galego", dixo Carballo, quen lembrou que "non por iso" hai que "baixar a garda", se non que "hai que estar alerta e ter todos os medios a disposición e o persoal para que esta provincia poida ser unha garantía de seguridade, que é tamén un motor económico para que nos poidan visitar e a xente se senta segura".


O subdelegado do Goberno tamén tivo palabras de agradecemento para os "máis de mil axentes" do corpo que traballan en Lugo, apelando á "prevención" como un elemento "importante".


Sobre a delincuencia, Carballo resaltou os seus "cambios". "Falabamos de bandoleiros e hoxe son delincuentes con bandas itinerantes, bandas organizadas, e a garda civil vaise adaptando a esa nova situación", resumiu.

relacionada Seis detidos nun operativo contra o tráfico de drogas en Lugo
relacionada Acode á comisaría de Lugo para denunciar a seus pais e acaba detida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE