Veciños de Friol e Guitiriz volven manifestarse outro domingo máis

Non cesan na súa reclamación de ter de volta nas súas parroquias o párroco trasladado, a "onde el mesmo quere estar".


|

Friolmani


Veciños de Friol e Guitiriz volveron manifestarse este domingo na parroquia de Lea (Friol) para reclamar ao Bispado de Lugo a volta do seu párroco, José Ramón Pérez.


Segundo indicaron os veciños nun comunicado, á concentración asistiron unhas 250 persoas, que demandaron, unha vez máis, ao bispo de Lugo que "recapacite e reconsidere a opción de retornar a Don Ramón a Friol". "É onde os veciños queren que estea, [...] e é onde el mesmo quere estar", aseguraron.


Nesta concentración deuse conta das accións levadas a cabo na visita do papa a Fátima, coa entrega da carta explicativa. Con todo, varios integrantes da plataforma desprazaranse ao Vaticano no próximo mes de xuño.

relacionada Os veciños de Friol conseguen entregar a súa carta ao Papa en Fátima
relacionada O cura trasladado de Friol e Guitiriz renuncia ao seu novo destino

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE