Fancisco Conde: "Galicia non quere competir por investimentos low cost"

O Conselleiro de Economía e Industria pide aos concellos bonificacións e incentivos para atraer novas empresas vinculadas coa innovación.


|

Franciscocondenuevaeconomia


A competitividade industrial de Galicia pasa por atraer e impulsar a innovación no tecido empresarial, e non competir polo low cost. Esa é a idea do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, tal e como afirmou esta mañá nun almorzo informativo organizado por Nueva Economía Forum en Santiago.


Francisco Conde sentenciou que "Galicia non quere competir por investimentos low cost", senón pola innovación para poder establecer unha industria capaz de axuntar a calidade máis o prezo.


Para este fin, o conselleiro pide aos concellos "que de forma voluntaria bonifiquen impostos e permitan atraer novos investimentos". Sobre este tema o Executivo trasladou unha proposta á FEGAMP, para establecer unha estratexia conxunta entre a Xunta e os concellos. A cambio destas reducións e bonificacións de impostos, ademais doutras facilidades para que se instalen novas empresas, a Xunta fará unha "discriminación positiva"  nas axudas da Administración autonómica ao que o conselleiro denominou "concellos doing-business".


FERROATLÁNTICA


Sobre a resposta que a Xunta dea a Ferroatlántica respecto da súa solicitude de segregación das actividades para poder vender as centrais hidroeléctricas da Costa da Morte, o conselleiro declarou que "pivotará sobre a salvagarda do interese público".


Así de concreto e amosou antes de recibir, precisamente, ao comité de empresa, ao que citou ao mediodía no complexo administrativo de San Caetano.


A preguntas dos xornalistas sobre as palabras do director xeral de Industria hai un ano en sede parlamentaria, onde asegurou que "nunca houbo nin haberá" a dita segregación, o titular de Economía respondeu que a posición do Goberno "non cambiou en ningún momento".


Neste sentido, sinalou o "compromiso claro" de responder á petición de Ferroatlántica, nun procedemento administrativo e regrado. "A base de calquera estado de dereito nestes momentos non é outra que respectar a lei e, por tanto, nós imos tramitar esa solicitude que fixo a empresa", expuxo.


"Nós imos garantir os dereitos", profundou, antes de indicar que, "neste caso", o Executivo actuará sobre un principio que "sempre" mantivo e que é "o que marca a propia concesión". "Condicionar esa concesión á salvagarda do interese público", destacou.


(Noticia en ampliación)

relacionada Conde recibe hoxe a traballadores de Ferroatlántica para abordar a situación das plantas
relacionada Conde nega que exista "deslocalización" de empresas de automoción cara a Portugal
relacionada Un informe asegura que a Xunta non podería negarse a revogar o veto de segregación de Ferroatlántica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE