Senra reclama no Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora

|

Eucaliptobosque


A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, reclamou no pleno do Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado "especie exótica invasora preocupante".


En Bruxelas, na noite deste mércores, denunciou que, segundo datos de 2016, o eucalipto "ocupa xa máis de 400.000 hectáreas, case a cuarta parte da superficie forestal galega".


Así, advertiu que xera "graves problemas socioambientales" e lembrou que as súas raíces "absorben grandes cantidades de auga, impedindo a filtración de augas cara aos acuíferos".


Neste sentido, criticou que "favorecen os incendios" e "traen consigo pragas e enfermidades". É por iso que Senra tamén instou hai xa unha semana á Comisión Europea, por escrito, a que inclúa o eucalipto na súa lista de especies exóticas invasoras preocupantes.


ENCE DEFENDE A EUCALIPTIZACIÓN CONTRA OS INCENDIOS


Unha visión ben diferente á de Ence, que emitiu un comunicado no que defende que o eucalipto xestionado responsablemente supón unha das medidas máis eficaces na loita contra os incendios: afirma que das pouco máis de 5.100 hectáreas que resultaron queimadas no que levamos de 2017 en Galicia e Asturias, só unhas 100 son de eucalipto, é dicir, tan só un 2%, segundo se obtén de analizar os datos do Sistema de Información Europeo de Incendios Forestais (EFFIS) nas zonas con presenza de eucalipto. 


Ademais, Ence sostén que máis do 90% da superficie afectada está constituída por matogueiras sen xestión e outras zonas desarboladas, e só o 8,5% é superficie arborizada.


Ence conclúe con que as superficies de eucalipto xestionadas por propietarios forestais "constitúen unha alternativa fiable para combater o abandono e os incendios, xa que a rendibilidade que ofrece o seu cultivo estimula aos propietarios para adoptar medidas preventivas que impidan a desaparición do seu investimento".

relacionada Folgoso do Courel aspira a ser un concello libre de eucaliptos
relacionada Centos de eucaliptos e koalas 'invaden' a Praza do Obradoiro
relacionada A Deputación de Pontevedra talará os 300 eucaliptos da parcela do Castelo de Soutomaior

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress