A Deputación de Pontevedra talará os 300 eucaliptos da parcela do Castelo de Soutomaior

|

Eucaliptos


As 33 hectáreas de terreo do Castelo de Soutomaior quedarán "libres de eucaliptos" nos próximos días, segundo ratificou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.


O goberno provincial da Deputación de Pontevedra contratou a tala dos 333 exemplares desta "especie invasora" que están repartidas polas 25 hectáreas de explotación forestal que dispón o recinto do Castelo.


Silva apuntou que este asunto é da "máxima relevancia" e unha mostra "de como entende esta Deputación o coidado do patrimonio ambiental".


Segundo explicou Silva, estes eucaliptos non soamente "impedían gozar das vistas" que ten este privilexiado espazo, senón que ademais "supoñen un grave perigo ambiental".


A presidenta explicou que estas árbores "non están protexidos, esquilman o chan e compiten moito pola luz, a auga e os nutrientes, en detrimento das especies autóctonas, que esas si que están protexidas".


"SECUELA"


Engadiu que, polas súas características singulares, os eucaliptos actúan como especie pirófaga que facilita a propagación dos incendios. Por todas estas cuestións o goberno provincial considera que "vai ser moi beneficiosa" a erradicación dos eucaliptos", que constitúen "unha secuela para a natureza".


Os traballos para levar a cabo a tala xa foron adxudicados á empresa Díaz e Buceta S.L., que ofreceu un importe de 34,24 euros por tonelada na mesa de contratación. Está previsto que a próxima semana, "se o tempo acompaña", comece a tala, que terá unha duración estimada de dúas semanas.


As pezas de maior tamaño serán aproveitadas pola empresa e o resto serán destinadas á compostaxe.


"Como responsable política eu síntome moi satisfeita destas decisións", concluíu Carmela Silva.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress